Podo axudarte a conseguir unha comunicación eficaz, en español ou galego, como só un profesional pode facelo.
<>
E podo asegurarme de que os textos que publiques na túa web ou nas túas comunicacións estean impecables.
Como o fago?

tradución médica
- Folletos de saúde
- Folletos informativos para pacientes
- Formularios para pacientes ou persoal médico
- Informes
- Programas específicos de enfermedades
- Material de mercadotecnia (enquisas, informes, etc.)
- Protocolos
- Consentimentos informados
- Textos da páxina web da clínica

outras especialidades
Precisas a tradución do inglés ao español ou galego de textos doutras especialidades? Debido á miña curiosidade insaciable e á miña mente inqueda, tamén teño experiencia traducindo textos que pertencen a ámbitos coma moda, ecommerce ou textos de tipo periodístico. Non dubides en poñerte en contacto comigo para ver como podo axudarte.

corrección
Todos temos claro que no ámbito da medicina e a asistencia sanitaria, a precisión é imprescindible. O que xa non temos tan claro é que tamén o é para calquera profesional con presencia dixital que queira transformar as visitas á súa web en vendas.
Para gañar a confianza dos clientes potenciais e conseguir que merquen os teus produtos ou servizos, é fundamental que a túa mensaxe se transmita de xeito fluído, sen interrupcións nin malentendidos, e para logralo os teus textos deben ser impecables.
Eu podo corrixir, editar ou revisar os teus textos para que os publiques coa seguridade de que non hai ningún erro, gralla ou descoido.
De que tipo de textos estamos a falar?
- Textos da web (páxina de inicio, sobre min, servizos e contacto).
- Páxinas de venda.
- Artigos do blog.
- Infoprodutos.
Pide máis información sen compromiso ou solicita o meu servizo de ASESORÍA.
Quen son eu para facer isto?


Sei que sabes que para o éxito do teu proxecto é fundamental que os teus textos estean perfectos. Por que arriesgarte a perder clientes, se podes facer que as túas comunicacións sexan sempre adecuadas? Estou aquí para ayudarte, para traducir e corrixir sen que ti teñas que preocuparte por nada máis.

Sempre tiven paixón polas letras. Dende pequena quixen ser correctora ou mestra e, aínda que durante anos non lle fixen moito caso a miña vocación, un día chegou o momento de mudar e perseguir o meu soño. Licencieime en Filoloxía Inglesa, cursei un máster en tradución e púxenme como obxectivo axudar a os demais a conseguir que os seus textos brillen.

Manter e mellorar a calidade do meu traballo é moi importante para min, por iso fago moitos cursos de formación. Aquí podes ver os máis recentes ou solicitar unha copia do meu CV.
Son membro do CIOL (Chartered Institute of Linguists) e socia profesional da Asetrad (a asociación española de tradutores e intérpretes) e da AGPTI (asociación galega de profesionais da tradución e a interpretación.
Son curiosa e detallista, e a miña forma de traballar faime merecedora de excelentes…
comentarios de colegas e clientes

Contacta comigo
Estás a buscar unha tradutora de inglés a español ou unha correctora? Escríbeme. Estarei encantada de axudarte.
*Ao enviar aceptas a política de privacidade. Os datos que envíes neste formulario, trataranse conforme a normativa vixente de Protección de datos e gardaránse nun ficheiro privado propiedade de Iria Carballo. A finalidade unica e exclusiva da recollida dos datos é responder ao teu comentario. En ningún caso os teus datos se cederán a terceiras persoas. Consulta máis información na política de privacidade.
Tes algunha dúbida?
Porque a tradución é un proceso creativo que require formación específica. Non se trata de cambiar palabras dunha lingua a outra, senón de adaptar os contidos dunha cultura a outra. Só un profesional ten os coñecementos e ferramentas necesarias para facer unha tradución de calidade adaptada ás túas necesidades.
- Primeiro, ponte en contacto comigo para coñecer as túas necesidades ou envíame por correo electrónico os documentos que precises traducir ou corrixir. Todos os documentos serán tratados confidencialmente.
- Examinarei os documentos e enviareiche por correo electrónico un orzamento sen compromiso e unha posible data de entrega.
- Unha vez que aceptes o orzamento, comezarei a traballar no teu proxecto. Durante o proceso, transmitireiche calquera problema ou dúbida que poida xurdir para atopar a solución máis adecuada.
- Unha vez rematada a tradución ou corrección devolvereiche os documentos por correo electrónico.
- Darei por finalizado o proxecto despois de que o revises e esteas conforme.
Trato todos os datos e documentos de forma confidencial. Ademais, cumpro co código deontolóxico da asociación española de tradutores (Asetrad), dada a miña condición de membro profesional.
Transferencia bancaria. Tanto o método coma as condicións de pagamento irán incluídas no orzamento. A aceptación do orzamento implica a aceptación dos devanditos aspectos do pagamento. Unha vez recibido o importe, enviareiche a factura, en euros, cos datos que proporcionases.